Editorial Católica
Editorial Católica | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1912 |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Editorial Católica é unha editorial española asociada á Igrexa Católica que xogou un importante papel na España do século XX.
Historia
[editar | editar a fonte]Impulsada pola Asociación Católica de Propagandistas que presidía Ángel Herrera Oria, foi fundada en 1911 ante a política de José Canalejas co obxectivo de crear un gran diario católico independente. Formouse como unha sociedade anónima por accións nominativas.
Durante os anos da II República, os diarios máis importantes da Editorial Católica, en especial El Debate, acataron activamente a doutrina do papa León XIII.
Dispuña en 1936, meses antes de iniciarse a Guerra Civil española, dos diarios madrileños El Debate e Ya, ademais de El Ideal Gallego, La Verdad, Ideal e Hoy de Badaxoz, a Biblioteca Pax e o semanario infantil Jeromín, ademais doutras publicacións semanais de menor importancia e unha axencia de noticias propia, Logos. Durante a Guerra Civil pasou a ser controlada por persoas próximas a Francisco Franco, pero volveu á Igrexa ao finalizar a contenda. Foi elixido como Presidente do Consello de Administración Antonio Escudero.
A editorial atopábase en mala situación económica; as instalacións de Madrid sufriran graves danos, desapareceran os materiais para as linotipias, perdérase a documentación relativa aos accionistas etc. En novembro de 1939 constituíuse unha oficina encargada da recuperación de documentos, que chegou á identificación de preto de 4.500 accionistas. Tivo que reformar o seu plan de publicacións: ademais de El Debate, deixaron de publicarse Jeromín, Lecturas para todos e Biblioteca Pax. Para saír do marasmo económico contratouse a impresión nos talleres da Editorial Católica de El Alcázar, a Hoja Oficial del Lunes, Información Jurídica, La Biblioteca Teatral, El Magisterio Español, Redención, Ecclesia e Signo, publicacións que non pertencían á empresa. Ademais, iniciáronse novos xornais: o 16 de xaneiro de 1940 viu a luz o primeiro número do semanario Dígame, dirixido polo debuxante e humorista, K-Fito, que foi rendible desde o comezo, e en 1941 adquire a revista Letras, que en 1942 se transformou nunha revista de fogar.
En 1942 xa conseguira unha situación económica desafogada. Dispuña en Madrid do diario Ya, que comezaba a consolidarse como un dos de maior lectura en España, o semanario Dígame e a revista Letras. Era propietaria de Ideal de Selecta, o Hoy de Badaxoz e tiña unha participación importante na Editorial Celta, propietaria do Ideal Gallego da Coruña. Ademais, mantiña a axencia de noticias, Logos, coas súas dúas seccións de Información e Colaboración. Adquiriu unha participación na sociedade propietaria do Diario Regional de Valladolid e en 1943 unha parte das accións da sociedade que editaba La Verdad, de Murcia, que pasou a ser filial.
En 1943 e do tronco da Editorial Católica naceu tamén a Biblioteca de Autores Cristianos, (B.A.C.), inspirada por Máximo Cuervo, o seu director até 1970, e José María Sánchez de Muniaín, de longa traxectoria.